Bota a andar o Consorcio para a Xestión do ciclo urbano da auga do Louro

Dende o pasado 1 de xaneiro comezou a funcionar  o Consorcio de Augas do Louro, responsable da xestión do ciclo urbano da auga nos concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui. Este organismo encárgase dos servizos de abastecemento e saneamento dos case 60.000 habitantes destes municipios así como de todo o cordón industrial que se asenta na zona.

O primeiro órgano de goberno do Consorcio é o Comité Directivo que está formado por un presidente, un vicepresidente e varios vocais con un representante de Augas de Galicia e de cada un dos concellos, o cal reforza o seu carácter local.

O segundo órgano de goberno é a Xerencia que realizará a xestión técnico-administrativa do Consorcio.

Este novo ente, encárgase da xestión do saneamento e do abastecemento, inspección e explotación de tódalas instalacións de potabilización, depuración e bombeo do ámbito territorial. A prestación deste servizo integral supón un primeiro avance na supramunicipalización da xestión da auga.

O mesmo tempo se puxeron en práctica as novas ordenanzas fiscais e regulamentos de servizos que poden ser modelo para outras experiencias posteriores.

Para a posta en práctica do servicio integral da auga no Louro, o Consorcio adxudicou o servicio á UTE formada por aqualia – Civisglobal por un periodo de 3 anos, prorrogable por 3 anos máis.

Deste xeito, abrirase unha oficina para a atención ó público en cada un dos Concellos integrantes do Consorcio, para dar de primeira man unha perfecta información e servizo ós abonados

 

ESTAMOS TRABALLANDO NA NOVA WEB DO CONSORCIO. EN BREVE ESTARÁ DISPOÑIBLE

PARA VER A WEB ANTERIOR         ACCEDER